O PSOE de Noia explica os porqués de ter votado en contra da proposta de orzamentos do Goberno local

31 Maio 2022

O Grupo Municipal Socialista vén de votar en contra da proposta de orzamentos presentada polo Goberno municipal no pleno do mes de maio celebrado o pasado xoves. Nun comunicado no que explica a súa postura, o grupo di “valorar negativamente os orzamentos por non avanzar nas prioridades consideramos fundamentais para a vila”.

A praia de Testal, en Noia

Segundo engadiu o voceiro Roberto Iglesias na súa intervención no pleno, “a prioridade fundamental do Executivo municipal debera ser o saneamento da ría, e máis tras coñecer unha vez máis os malos resultados que prohiben o baño na praia de Testal, polo que nos posicionamos en contra dunha proposta que recorta o gasto na mellora de saneamento”.

Os socialistas indican que “logo de 6 anos de Goberno bipartito PP-NOIA, e levando 3 anos do presente mandato, non se teñen materializado as obras necesarias para a vila, como o centro de día, o centro de saúde ou a escola infantil pública, nin se aposta pola mellora da accesibilidade, entre outras”.

Roberto Iglesias foi moi crítico coas xestións feitas dende o Concello para atraer turistas ao municipio e manifestou que “non se fai nada pola mellora do patrimonio, nin Museo das Laudas, estando en moi mal estado Santa María A Nova e non sendo a restauración de Ponte Nafonso un modelo a seguir neste sentido”. Tamén dixo que non se aplican medidas a prol do turismo estival: “Non hai esforzos pola mellora dos accesos ás praias, e de dotación de socorristas nin falamos”.

Así mesmo lembrou que hai unha moción aprobada en pleno por maioría na que os socialistas propoñían a instalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos.

O voceiro indicou que “tampouco se apoia ao Comercio, non poñendo en marcha os bonos solicitados en reiteradas ocasións por este grupo, malia que si se poñen en marcha outros concellos da comarca”.

A pesar de todo o devandito, os socialistas tamén salientaron os puntos positivos dos orzamentos, como son a obras previstas nas parroquias, a mellora en servizos sociais, ou o elevador na Casa da Cultura.

Outros artigos

Rescate dunha persoa no Malecón de San Lázaro, en Noia

Os bombeiros do Parque Comarcal de Boiro foron alertados ás 20:30 horas da tarde deste domingo 21 de abril, da caída dunha persoa ao río, no Malecón de San Lázaro, concello de Noia. Na súa chegada, participaron na intervención realizando tarefas de salvamento para o...

+

Este domingo 21 de abril os Mercedes clásicos tomarán as rúas de Noia

Este mes de abril vaise celebrar en Noia a XVII edición da Concentración Galicia Mercedes W123, un evento de gran interese para os seareiros dos automóbiles clásicos da nosa comarca, xa que poderán ver in situ modelos de (como mínimo) máis de 30 anos de antigüidade....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...