O Museo do Gravado achegaranos cunha nova mostra á obra de Detlef Kappeler

04 Maio 2022

O Museo de Artes do Gravado (Artes, Ribeira) inaugura o vindeiro 13 de maio (ás 20.30 horas na sala 0 do edificio) a exposición Detlef Kappeler.

Detlef Kappeler, nado en Szczecin en 1938, é un arquitecto, catedrático e pintor alemán. O seu traballo artístico fai del un representante contemporáneo do expresionismo. Actualmente vive e traballa en Chorente, Muxía, e centra os seus traballos en preguntas sobre o sentido da existencia. En palabras de Antón Castro, “a obra de Kappeler emblematiza un sentimento agónico da vida, talvez a imaxe singular do romanticismo mariño”.

A exposición que se inaugura o vindeiro 13 de maio é froito da doazón dalgunhas das pezas da extensa obra do artista alemán Detlef Kappeler ao Museo do Gravado de Artes (Ribeira). É unha exposición que abrangue unha grande parte da súa vida artística como gravador, comezando nos anos 60 e rematando a finais dos 90 cando xa reside en Barcelona

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.