O Maio Cultural de Ribeira achega este ano preto dunha vintena de eventos

11 Maio 2022

O Concello de Ribeira preparou dezaoito eventos para festexar as Letras Galegas, ao abeiro do tradicional Maio Cultural 2022 que regresa a Santa Uxía e ás parroquias en todo o seu esplendor. A esta listaxe de actividades únense as organizadas por asociacións veciñais nas diferentes localidades, como por exemplo en Aguiño ou en Carreira.

O poeta Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado este ano nas Letras Galegas

As concelleiras de Educación e Cultura, Juana Brión e María Sampedro, presentaron o calendario de citas, que comezou o domingo día 1 cun concerto para público infantil no Auditorio a cargo de Xabier Díaz e que está adscrita á Rede Galega de Dinamización Lingüística. A axenda proseguiu o día 3 con Talía Teatro e a A parábola do angazo, e o día 7 con Pakolas e o seu espectáculo musical Ramona Órbita, en Artes.

A maiores, haberá espectáculos teatrais e musicais, exposicións, contacontos ou xornadas multidisciplinares, e tamén a presentación da última novela gañadora do Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira: Lúa nova, de Irene Montero, editada por Xerais. Será o 26 ás 20.30 no salón de plenos e o evento tamén incluirá a entrega de premios do XXX Concurso Escolar das Letras Galegas: unha das iniciativas educativo-culturais máis lonxevas na comarca.

A axenda terá continuidade o día 13, ás 21.00 horas no Auditorio Municipal, con Tras os vieiros de Florencio (de Fantoches Baj e para todos os públicos); o día 14 ás 19.00 horas con Barullo de Nelson Quinteiro, no Porto de Palmeira (do programa Ler Conta Moito, para todos os públicos); o día 14 ás 18.30 horas con 100 anos de cantigas, na praza da Porto do Sol (ás 18.30 horas e da man do Coro de Cantigas de Agarimos); e o día 15 co Festivaliño 2022 (cinema, teatro e música no Parque García Bayón e na Porto do Sol, a partir das 18.00 horas e para público infantil e familiar).

O Día das Letras Galegas, 17 de maio, será a quenda do contacontos ilustrado e musicado De Valdeorras a México. Terra A Nosa, de Polo Correo do Vento (ás 12h na praza do Concello); do concerto de música tradicional de Saraghallada, ás 12.30h no Parque García Bayón; e da Xornada das Letras Galegas da AFLM de Aguiño (ás 16.30h na Aula de Música de Aguiño). A maiores, a Asociación de Carreira celebra no Parque de San Roque (ás 11h) a xornada de deporte e cultura Orientación das Letras Galegas (con tres percorridos diferentes). Organizan a Asociación de Veciños de Carreira (aavvcarreira.wordpress.com) e o Concello.

O día 19 está prevista unha visita á Cidade da Cultura do alumnado do Seminario da Lingua e Literatura Galegas do Concello de Ribeira e o día 21 un espectáculo arredor de Florencio Delgado no Centro Social de Oleiros, a función Vendimando Versos, a cargo de Soledad Felloza (ás 19h).

Na xornada do 26 está prevista a presentación da novela gañadora da VIII Edición do Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira (Lúa nova, de Irene Montero). Será ás 20.30 horas na Casa do Concello. O día 28 actuarán María Faltri e Jorge Juncal na Casa da Cultura de Carreira (ás 19h), co espectáculo Fantasía coas palabras (Ler Conta Moito); e na mesma xornada do 28 celebrarase no Auditorio de Ribeira o Concerto das Letras Galegas a cargo da Coral de Caldas de Reis, o Coro Santa Susana e a Coral Municipal de Ribeira (ás 20.30h). Ademais, o día 29 recalará en Aguiño Paco Nogueiras co seu espectáculo Radio Bulebule (na Aula de Música ás 18h).

A maiores, podemos visitar a mostra Emocións, de Oswaldo Guayasamín, até o 28 de maio no Centro Cultural Lustres Rivas, e máis a exposición Florencio Delgado Gurriarán. Letras Galegas 2022, até o 31 de maio na Biblioteca Municipal de Ribeira.

Inauguración da mostra de Oswaldo Guayasamín

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...