“O director do Museo do Prado en Galicia” – Alberto Barciela

31 Maio 2022

É para enmarcar que unha fundación local redondelana, que ten por obxecto a axuda á formación e educación integral de persoas, obras asistenciais e o apoio aos pobres do terceiro mundo, conseguise que un polímata como Miguel Falomir, director do Museo do Prado, acuda a Vigo para pronunciar unha conferencia sobre o Museo do Prado. Perspectivas de futuro.

O responsable dunha das institucións máis relevantes do mundo, acode compracido á cidade olívica por convite da familia Regojo. E niso hai tanto mérito como coincidencias amables. Falomir goza de prestixio internacional, é unha autoridade da arte, cunha formación e unhas traxectorias fabulosas: licenciado de Historia da arte pola Universidade de Valencia, premio extraordinario, é Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Valencia, profesor titular de Historia da Arte da Universidade de Valencia e foi bolseiro fulbright post-doutoral no Institute of Fine Arts, New York University. O.S.A.

Na súa experiencia profesional cabe apuntar que desde o 17 de marzo de 2017 é director do Museo do Prado. Entre 2015-2017 foi director adxunto de conservación e investigación do Museo do Prado. De 2008-2010, Andrew Mellon Professor en CASVA, National Gallery of Art, Washington. Ente 1997-2015: xefe do departamento de pintura italiana e francesa até 1.700 do Museo do Prado. E no período 1994-1997: profesor titular no departamento de Historia da Arte da Universidade de Valencia.

O conferenciante é unha persoa con grandes coñecementos en diversas materias científicas ou humanísticas, e acode á chamada dunha familia galega, de Redondela, na que se xuntan o compromiso humano, nacido dunhas profundas conviccións, a historia e o presente da moda (Regojo, Niza, Partenón, etc), que coñeceu un vínculo moi especial coa arte cando Pedro Regojo conseguiu que Salvador Dalí cedese o seu nome para unhas camisas que triunfaron no mundo. Polo tanto, Adriano Marquez de Magallanes, esposo da inesquecible Rita, fundadora de Aldeas Infantís en Galicia, é unha gran coleccionista de arte e un home bo e xeneroso, que doou a súa colección de Sargadelos, 150 pezas excepcionais, á Vila dos Viadutos -hoxe pódense contemplar na Casa da Torre-. Arte, bonhomía e, fundamentalmente, altruísmo. De Galicia para o mundo. De don José Regojo aos seus fillos e destes aos seus netos, nunha sucesión comprometida co benestar, coa creación de riqueza e emprego, coa moda e a creación, co medio ambiente. Houbo e haberá altibaixos, pero sobre todo grandes acertos, e un compromiso cun pobo e coas súas xentes.

Falomir, que ingresou hai uns meses na Real Academia de Belas Artes, chega a Galicia, a Redondela e a Vigo, cunha bagaxe espléndida. Compartirá encontros con artistas, directores de institucións culturais, coleccionistas, responsables políticos, comunicadores e cidadáns. Quizais, entre tantos, alguén lle lembre que Agustín Redondela, pintor moi relevante da Escola de Madrid, é oriúndo da vila na que os trens voan. Con humildade escoitarémoslle e informarémoslle. Galicia sairá gañando. O mérito máis directo correspóndelles a Alejandra Regojo e a Telmo Tojeiro, un xestor cultural de luxo. E todos evocaremos a Diego Velázquez que, nas Meninas, loce no seu peito a Cruz da Orde de Santiago.

Outros artigos

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

+

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...

+

“Pedir perdón, el valor de la palabra” – Manuel Domínguez

Se les pide que pidan perdón, (no se para que), que manifiesten un acto de fe, que se arrepientan, se le pide lo que ya se sabe que no se obtendrá. Yo personalmente en el juego del circo político, pediría mil perdones , si ello le satisface, al fin de cuentas, nada va...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...