O Concello de Boiro recibe unha subvención para a contratación de socorristas durante o verán

12 Maio 2022

O Concello de Boiro comunicou que vén de recibir unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade para a contratación de oito socorristas acuáticos en espazos naturais durante o verán. O Goberno de José Ramón Romero engadiu que o proceso selectivo para elaboración da listaxe e contratación iniciarase nos vindeiros días.

En termos concretos, o obxectivo desta subvención “é dotar de persoal de salvamento e socorrismo nas praias durante a época estival para desenvolver tarefas de vixilancia e primeiros auxilios aos bañistas dos areais do termo municipal”.

O Concello de Boiro lembra que conta no seu litoral cuns 8.568 metros de praias entre as que destacan Barraña, Carragueiros, Retorta, A Ladeira do Chazo ou Mañóns, “areais que reciben numerosos visitantes durante o estío”, sinala.

Para a contratación deste persoal o Concello de Boiro vén de recibir unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia por importe de 30.944 euros para a contratación de oito socorristas durante a época estival. O Concello de Boiro participa desta convocatoria co obxectivo de fomentar o emprego e mellorar a empregabilidade no ano 2022.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...