O BNG propón mellorar a accesibilidade e o pavimento da rúa Francisco Lorenzo

26 Maio 2022

A rúa Francisco Lorenzo Mariño é un dos principais accesos ao centro da parroquia de Aguiño e conta cun bo número de comercios e vivendas en ambas marxes da estrada polo que é unha rúa moi transitada. A pesar de ser unha rúa principal, non é accesíbel, rexístranse excesos de velocidade e o pavimento está moi deteriorado. Toda esta situación é a que levou ao BNG a rexistrar unha iniciativa plenaria na que proporá realizar unha actuación integral de mellora.

Os nacionalistas destacan que, malia haber unha reforma de de 465.000 euros iniciada no ano 2016 para cambiar as lousas das beirarrúas, renovar a rede de saneamento e canalizacións non se atendeu a petición do BNG para recolocar postes e farois situados no medio das beirarrúas e asfaltala completamente. A falta dunha nova capa de asfalto fai que as beirarrúas estean máis altas que o pavimento, orixinando unha barreira insalvábel para as persoas con mobilidade reducida impedíndolles atravesar a rúa dun lado a outro e provocando serios problemas ás persoas que vaian con carros de crianzas ou de compra.

O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, recrimina que o goberno local incumpre as súas obrigas para garantir a accesibilidade universal en todos os lugares do municipio, “o señor Ruiz, ademais dicir que vén moito por Aguiño, debería escoitar e atender as necesidades que lle formulan os veciños e veciñas”. Pérez Barral argumenta que é necesario deixar atrás o modelo do Partido Popular no que se desatende as parroquias para facer obras megalómanas no centro de Ribeira.

Asfaltado novo, accesibilidade universal e calmado de tráfico

O responsábel local Xabier Vidal Peón, defendeu o modelo urbanístico do BNG por ser “recoñecido polos efectos positivos que implica” e por ter “un claro compromiso coa accesibilidade e a seguridade viaria para beneficio das persoas” mediante medidas como o calmado de tráfico e plataforma única. Vidal Peón defende que esas medidas xa se están levando a cabo en moitos concellos gobernados polo Bloque e teñen unha aceptación moi boa por parte da veciñanza ao se garantir a accesibilidade e ao se reducir o ruído e os accidentes”.

Ademais da accesibilidade, o BNG propón adoptar medidas de calmado do tráfico e seguranza viaria porque a veciñanza lle trasladou as súas queixas polos excesos reiterados de velocidade en moitos lugares da parroquia de Aguiño que están a provocar de perigo e ruído.

Ante todas estas necesidades os nacionalistas propoñen unha actuación integral de mellora dotando a toda a estrada dunha nova capa de asfalto; garantir accesibilidade universal para facilitar que todas as persoas poidan moverse libremente e sen obstáculos, prestando especial atención aos pasos de peónsasí como a adopción de medidas de calmado de tráfico que supoñan a redución dos riscos por accidente, menos contaminación e ruído.

Google maps

Outros artigos

A 10K de Padrón reúne este sábado 15 a máis de 1300 participantes

Este sábado 15 de febreiro vaise celebrar un dos grandes eventos deportivos da tempada en Galicia: a nova edición da tradicional carreira 10K de Padrón, que neste 2025 chega á súa XXII edición. A proba, organizada polo Concello, conta cun total de 1311 inscritos, dos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

A cidadanía cada vez é máis consciente de que os dereitos pódense perder se non se loita por eles. Así o poñen de manifesto cada día, moitos veciños, con anterioridade xa o fixeron na parroquia de Corrubedo, logo na parroquia de Palmeira e agora nas parroquias veciñas...

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...