O alumnado de Tahume VII roza e acondiciona áreas de lecer de Ribeira e Porto do Son

16 Maio 2022

O alumnado do Obradoiro de Conservación de Montes de Tabume VII, programa de emprego dos Concellos de Ribeira e Porto do Son, está a realizar estes días traballos de roza, limpeza, plantación e mantemento nos ditos municipios da nosa comarca, poñendo o foco nas áreas de lecer.

Entre as actividades que se están a desenvolver inclúense tarefas de mantemento no merendoiro de Xan Pasal, onde o pasado mes de febreiro foron plantadas polo alumnado-traballador do obradoiro Tahume VII varios exemplares de Prunus Avium dentro do programa de mellora da masa arbórea forestal na parroquia de Queiruga. Tamén se veñen realizando ao longo destes meses labores de roza, podas e mantemento na zona do merendoiro, no lavadoiro e nos accesos ao Parque Periurbano de San Roque.

Ademais, está previsto que durante este mes comecen a actuar no CUP (monte incluído no catálogo de Utilidade Pública) de San Alberte no concello de Ribeira.

O Obradoiro de Emprego Tahume VII é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a inserción laboral das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e co-financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social, e promovido polo Concello de Porto do Son xunto co Concello de Ribeira.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...