“Nunca máis” – José Manuel Pena

27 Maio 2022

Xa non pode haber marcha atrás. Nunca máis. En realidade nunca existiu agarimo nin amor familiar entre os seus membros. Sen dúbida non era unha familia exemplar. A soberbia, o egocentrismo, a falta de empatía, o lavado dos trapos sucios en casa e as aparencias eran normas habituais no clan familiar.

Había posibilidade de empeorar e así sucedeu. Cando había algún problema, miraban para outro lado e marcaban a distancia necesaria, non fose que lle pedisen axuda. Nunca un bo consello, nunca unha mostra de agarimo, sempre criticando, insultando e non aceptando o diálogo senón utilizando a forza verbal como final de calquera conversa.

Algún membro familiar puña en marcha certos proxectos políticos, económicos ou familiares e obtiña a aprobación de moitos veciños e amigos pero nunca a das súas propios familiares. Tiñan como obriga o agarimo dos seus descendentes e sentían envexa da miseria allea.

Hai moitas familias, demasiadas, encorsetadas no seu mundo de ficción. Só buscan o seu propio benestar. Chaman ou buscan aos demais cando necesitan algo concreto ou carecen da axuda necesaria, pondo sempre por diante a posible doazón ou herdanza dos poucos bens materiais.

Non entenden que os fillos o único que desexan é que os escoiten, que lles dean un abrazo, un bico, un pouco de ánimo. Nada, por moito que insistan non o conseguiron nunca e o tempo pasa para todos. Agora a vellez mostroulles a factura evidente e natural, á que nunca pensaron chegar.

Outros artigos

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.