Noia festexará o Mes das Letras con teatro, música, homenaxes e presentacións

09 Maio 2022

Cultura de Noia compartiu tamén a axenda de actividades para este Mes das Letras 2022, un menú de propostas para todas as idades que inclúe teatro, música, presentacións literarias e homenaxes concretas (o 17 de maio) a Florencio Delgado Gurriarán e escritores locais como Antón Avilés de Taramancos e María Mariño. A axenda deu comezo o sábado 7 coa estrea en Noia (Coliseo Noela) de Libre coma os paxaros, de Teatro Atlántico, e prosegue o día 14 con outra función teatral: a de Dreaming Juliet, de Elefante Elegante (ás 20.30 horas no Coliseo Noela). O día 15 será a quenda da música, a cargo de Taburete (en acústico), no Coliseo Noela ás 20.00 horas (concerto en beneficio de Cáritas e a Cruz Vermella).

O Día das Letras Galegas, 17, as actividades comezan ás 12.00 cunha ofrenda floral ante os monumentos de Avilés de Taramancos e María Mariño. Contarase coa presenza de Serafín Marcos (Coa ledicia de voltar) e da Escola de Danza Oitos (O nacemento duns versos). Ás 13.00 actuará a Banda de Música Vila de Noia.

O día 21 (ás 20.00 horas no Coliseo Noela) volve o teatro con Rubindo Rochedos (contos lendas e cafés da Compañía 5s) e domingo 22 (ás 17.30 horas no Coliseo Noela) culminarán as actividades do programa Musicalizando da Concellería de Cultura. (entrada libre até completar aforo). O día 23 presentarase o libro Onde as rúas non teñen nome, de Xurxo Ayán, ás 20.00 no Dolmen Cova da Moura. E o venres 27, ás 20.30 horas no Noela, o alumnado do Conservatorio ofrecerá un concerto arredor de Felipe Paz Carbajal. Ao día seguinte, sábado 28 (ás 19.00 horas), Viravai ofrecerá un concerto para a rapazada: A miña lingua, a túa lingua. Será novamente no Coliseo Noela (axenda de FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...