Mércores con chuvascos e suba de temperaturas

31 Maio 2022

A borrasca localizada entre os Azores e a Península Ibérica continuará deixando unha atmosfera inestable e polo tanto un tempo moi cambiante. Este mércores agárdanse ceos nubrados e chuvascos, que localmente serán fortes e virán acompañados de aparato eléctrico. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán entre frouxos e moderados de compoñente sur.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do sueste á noite, forza 3 a 5 á mañá e á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do sudoeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá, 1 a 2 metros á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar06:003.3 m
Baixamar11:540.9 m
Preamar18:103.5 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar05:493.2 m
Baixamar11:461.0 m
Preamar18:033.4 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar05:553.3 m
Baixamar11:520.9 m
Preamar18:083.4 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.