Luns chega unha fronte pouco activa que deixará ceos anubrados e chuvias febles

07 Xuño 2026

A xornada do luns 8, estará marcada pola aproximación dunha fronte moi desfeita durante a mañá, que provocará un aumento progresivo da nubosidade en boa parte do territorio. Segundo as previsións meteorolóxicas, agárdanse precipitacións febles nas rias baixas e no oeste da provincia da Coruña, que irán adquirindo carácter intermitente co paso das horas.

As chuvias poderían chegar de maneira ocasional e illada a zonas do interior, aínda que tenderán a desaparecer co avance da tarde.

No que respecta ás temperaturas, as mínimas manteranse sen cambios significativos ou experimentarán lixeiros ascensos no interior, mentres que as máximas descenderán de forma moderada(23 graos). En canto ao vento, soprará do suroeste con intensidade moderada no litoral durante a mañá, coincidindo co paso da fronte, virando a norte pola tarde e mantendo carácter moderado en xeral.

meteogalicia

O noso mar; Vento do sur á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 4 a 6 á noite. Mar ovellado á mañá, marusía á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á noite e 0.5 a 1.5 metros á tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.