O martes unha nova fronte activa chegará a Galicia polo oeste traendo unha mañá de ceos parcialmente nubrados e chuvias máis intensas e persistentes nas comarcas atlánticas, que irán remitindo co avance da tarde. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará do suroeste moderado con intervalos fortes no litoral ao principio da xornada.

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 5 a 7 á mañá, 3 a 5 á tarde e 1 a 3 á noite. Media vaga á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá e 2.5 a 3.5 metros á tarde e á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 05:29 | 3.9 m |
Baixamar | 11:34 | 0.4 m |
Preamar | 17:49 | 3.9 m |
Baixamar | 23:58 | 0.4 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 05:21 | 3.8 m |
Baixamar | 11:27 | 0.5 m |
Preamar | 17:42 | 3.9 m |
Baixamar | 23:52 | 0.4 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 05:26 | 3.8 m |
Baixamar | 11:32 | 0.4 m |
Preamar | 17:46 | 3.9 m |
Baixamar | 23:57 | 0.4 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)