Martes con brétemas nas primeiras horas e ceo despexado

09 Maio 2022

O martes continuaremos na influencia das altas presións, con ventos do noroeste que traerán humidade á franxa costeira. Así, os ceos estarán pouco nubrados en xeral, con algún intervalo de nubes altas.

No litoral comezaremos a xornada con brétemas que se irán disipando co avance do día para volver a entrar cara á noite. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 4 á mañá e á noite e 3 a 5 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá, 1 a 2 metros á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar06:261.4 m
Preamar12:422.7 m
Baixamar18:401.5 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar06:211.5 m
Preamar12:352.7 m
Baixamar18:341.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar06:241.4 m
Preamar12:402.7 m
Baixamar18:391.5 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.