“Libre coma os paxaros”, de Teatro Atlántico, chega este sábado ao Coliseo Noela de Noia

05 Maio 2022

Teatro Atlántico continúa este mes coa xira do seu espectáculo Libre coma os paxaros, apoiada polo Servizo da Normalización Lingüística da Deputación. As próximas funcións chegarán ao Coliseo Noela de Noia, o día 7, ás 20.30 horas; ao Pazo da Cultura de Carballo, o día 12, tamén ás 20.30h; e ao Teatro Colón da Coruña, o día 17, ás 20.00h. A entrada para os tres espectáculos é de balde, ata completar capacidade.

Interpretada por María Barcala, con dramaturxia e dirección de Xulio Lago e música de Vadim Yukhnevich, en Libre coma os paxaros unha muller, Rosalía de Castro, toma a palabra, proclámase posuidora da súa liberdade e declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país. Entre os temas que trata a montaxe, valéndose de versos, artigos e outros materiais da propia obra de Rosalía, están a solidariedade coas mulleres, a crítica das condicións de vida que teñen que soportar, a traxedia da emigración ou a denuncia do espolio do patrimonio forestal.

Libre coma os paxaros é unha máis das propostas programadas polo departamento que dirixe María Muíño para difundir ao longo de todo o ano a figura, a obra e o legado de Rosalía de Castro. Outras dúas iniciativas salientables son a exposición itinerante 50 anos da Casa de Rosalía, que  comezou o pasado mes de marzo un percorrido por varios concellos da provincia, e o obradoiro sobre Rosalía de Castro que a Asociación Escritoras e Escritores Lingua Galega realizará en 24 centros de ensino coruñeses en colaboración coa Deputación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...