Infantís “Club Remo Puebla” Campións de España de Bateis 2022

01 Maio 2022

Hoxe pola mañá, en Pasaia San Xoán (Guipúzcoa), o Club Remo Puebla participou con dous equipos: xuvenil feminino e infantil masculino.
Onte xa foron as regatas clasificatorias para a final derradeira de hoxe. Pero as xuvenís onte non foron quen de meterse na final A, aínda así quedaron 10ª clasificadas a nivel nacional. É un equipo con moito potencia por diante, xa que este mes de maio tamén remaran a liga de modalidade de traiñeiriñas e no verán a traiñeira da emblemática Liga LGT. Un proxecto liderado polo adestrador Iago Santos que ven a pisar forte e deixar claro que o sector do remo feminino na Pobra ven para quedar.
Por outra banda o equipo infantil masculino, liderado polo adestrador Andrés Fernández saíron hoxe na tanda de honra, e logo unha intensa loita de dous longo contra Arkote (Vizcaia) e La Planchada (Santander) os nosos entraron primeiro na liña de meta. Toda unha alegría para o club e o pobo enteiro. 
Destacar que este é o terceiro campionato de España que gañamos nos últimos anos, todos eles adestrados por Andrés Fernández, e onde o seu fillo Víctor estivo presente nos tres equipos.
Somos ó único equipo barbanzán en conseguir un ouro. Tamén o único da zona norte de Galicia. E o único de toda Galicia no sector masculino. Compartimos ouro a nivel galego cas infantís de Robaleira e as absolutas de Chapela.
Adxuntamos un pdf con todos os tempos da final, e un link de decarga con fotos en boa calidade: https://we.tl/t-QWxZB5LkBJ
A actividade do Club Remo Puebla é imparable. Ao mesmo tempo esta mañá dende Cabo da Cruz competiamos co noso equipo veterano feminino, acadando o segundo posto na II BANDEIRA VETERANA RIANXEIRA – WE SEA. E  no mesmo campo de regatas os nosos xuvenís masculinos primeiros na I REGATA LIGUIÑA DE TRAIÑEIRIÑAS CABO DA CRUZ.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...