“Existen motivos da gravidade dos feitos que provocaron a morte de 2 mariñeiros do Villa Pitanxo”. Antón Luaces

23 Maio 2022

E porque isto é así, os familiares deses mariñeiros reafírmanse  na súa petición de que se autorice a inmersión na zona de afundimento do buque para poder determinar as causas verdadeiras que provocaron esas mortes.

O goberno municipal de Vigo concorda na apreciación de que, efectivamente, só investigando o pecio pode esclarecerse a causa do afundimento.

Abel Caballero, alcalde de Vigo -de onde eran viciños cinco dos mariñeiros finados- apoiaría unha moción que inste a baixar ao pecio e determinar deste xeito as causas reais da traxedia. Só así se podería entender o que aconteceu na mencida de aquel 15 de febrero de 2022, a 250 millas de Terranova.

O Grupo Nores, casa armadora do Villa de Pitanxo, semella non ter moito interese en que se investigue “in situ” o sucedido, é dicir, no pecio de buque de Marín. Pero sí tenta personarse no caso como afectada ou parte implicada, algo que rexeitan os familiares dos mariñeiros mortos, os únicos -xunto co tripulante sobrevivente, natural de Ghana- que se consideran con dereito a reclamar a investigación dos feitos. Están seguros de que só baixando ao lugar no que o Villa de Pitanxo permanece afundido poderán acadarse documentos gráficos que permitan determinar se non todas, ao menos sí moitas das causas polas que o barco con, presuntamente nove das vítimas a bordo,  afundiu.

O do pesqueiro marinense non se considera un accidente calquera. De aquí a necesidade de profundar na investigación das causas máis aló do manifestado polo patrón do buque, Juan Padín, e o seu sobriño, Eduardo Rial, que nunca fixeron público o seu convencemento de que no pecio están moitas das explicación que se buscan para esclarecer o acontecido. Se non se levan a cabo agora as investigacións, aproveitando o bo tempo no mar, difícilmente poderá facerse máis adiante, cando os temporais fagan acto de presencia naquelas augas.

Entre as  familias dos mariñeiros e os seus avogados existe a convicción de que só baixando ao pecio poderán aportarse datos máis concretos sobre o vivido aquel 15 de febreiro a 250 millas de Terranova. O demáis serán todas puras especulacións.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.