Estudantes de Boiro participan en Silleda nun hackathon contra os discursos de odio nas redes

02 Maio 2022

Un cento de rapaces e rapazas de toda Galicia participan este xoves día 5 nun hackathon para combater o discurso de odio nos medios e nas redes sociais. Será no Auditorio de Bandeira (Silleda), en horario de 10.30 a 16.30 horas. O encontro abéirase ao proxecto de innovación educativa EpDLab, que desenvolve dende hai 7 anos a ONGD Agareso co financiamento de Cooperación Galega e no que este curso participa alumnado de Secundaria de Boiro, de Brión, de Bueu, de Silleda e de Viana do Bolo.

Dende a dita ONG explican que “un hackathon é un evento no que nun breve espazo de tempo un grupo de persoas de forma colaborativa intentan crear prototipos ou solucións para unha problemática”. O termo, engaden, provén da mestura das palabras “hacker” e “maratón” e vencéllase decote ao eido da informática, “aínda que dende hai un tempo o uso da palabra expandiuse a outros eidos”.

Novamente con formato presencial

Despois de dous anos, esta actividade será de novo presencial e reunirá o profesorado e o alumnado participante nunha xornada que se celebrou en liña nos cursos anteriores, por mor das restricións sanitarias pola COVID-19. Así, un cento de rapaces de distintas idades e procedencias traballarán, de forma colectiva, este xoves 5, no deseño e elaboración dunha “caixa de ferramentas” de comunicación dixital para denunciar situacións discriminatorias e propor accións concretas para “conseguir un entorno dixital máis diverso, igualitario e inclusivo”, coa intención de demostrar “que traballando xuntas e xuntos podemos facer cousas para cambiar a nosa realidade máis próxima e que a comunicación ten un gran potencial transformador”.

A metodoloxía

Trátase dunha xornada intensiva de “traballo creativo conxunto” na que participa todo o alumnado vinculado este curso ao EpdLab, un proxecto de innovación educativa que ven desenvolvendo a Asociación Galega de Comunicación Social (Agareso) dende 2015 en centros de toda Galicia e que traballa temáticas como o sexismo, as migracións, o medio ambiente, o consumo responsábel, a veracidade das mensaxes e as fake news, a cooperación internacional, o voluntariado e o activismo a través de ferramentas da comunicación dixital como os memes, os GIF, a técnica do stop motion, os micro-vídeos dende o móbil ou a contrapublicidade.

EpDLab é un proxecto educativo que xorde a partir da reflexión colectiva de varios grupos da ESO en Galicia, máis outros grupos en El Salvador e República Dominicana. O alumnado traballa con ferramentas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para “crear e difundir na Rede contidos ao redor da igualdade de dereitos, da participación responsábel e da xustiza social, apropiándose dos medios que teñen nas súas mans para participar en accións innovadoras cara á comunicación inclusiva, o desenvolvemento social e á denuncia da desigualdade”, sinalan dende a dita organización humanitaria, engadindo que o EpDLab está deseñado e desenvolvido polo equipo técnico de Agareso e financiado por Cooperación Galega.

Outros artigos

Roubo na igrexa parroquial de Cures en Boiro

A igrexa parroquial de Cures en Boiro rexistrou un roubo onde foron subtraídas seis cadeas de ouro e unha medalla que adornaban a tres virxes: a Virxe dos Dolores, a Virxe do Carmen e Santa Rita. O párroco, Marcelino Barros, expresou o seu pesar ante os feitos,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Grosera manipulación del CIS”. José Castro López

“Grosera manipulación del CIS”. José Castro López

Todas las encuestas previas a las elecciones del 18-F acertaron en la intención del votode los gallegos con diferencias mínimas en la adjudicación de escaños. Todas, menoslas promovidas por un medio de comunicación cercano al Gobierno de España y las tresque realizó...

“Son os anos…”. Xulio Xiz

“Son os anos…”. Xulio Xiz

Anos e experiencia permítenme ser un optimismo relativo que ve o arredor coa mellor das perspectivas, estimando que a maioría das persoas fai as cousas o mellor que pode, e as administracións teñen intención benéfica nas accións que enfrontan. Os anos danme...