Esteiro acolle este domingo a presentación do caderno “A illa da Creba, un baldío comunal”

06 Maio 2022

O BNG da ría de Muros e Noia vén de lanzar un convite para participar na presentación do caderno A illa da Creba. Un baldío comunal, editado pola Fundación Galiza de Sempre, o laboratorio de ideas do Bloque Nacionalista Galego. Segundo indican, esta publicación marca o inicio dunha campaña a prol da recuperación da dita illa para o pobo. A presentación será este domingo día 8 ás 12.30 horas, no local social da Esteirana (fronte á praia de Parameán, rúa Ribeira Maio, 51, Esteiro. Muros).

A publicación da autoría de Francisco Abeijón, alén de socializar o espolio da illa, abéirase a unha estratexia máis global de actuacións para conseguir a devolución da Creba ao seu lexítimo dono, que, segundo indica a fundación, non é outro “que o pobo galego”. E engaden: “Esta demanda histórica social non responde só a unha cuestión emocional, tamén á económica, pola importancia que supón o banco de pesca de marisqueo, rico en ameixa babosa e sensíbel pola súa proximidade ás obras que se realicen sobre o mar”. Tamén salientan a importancia da “cuestión xurídica”, pois “en máis dunha ocasión a legalidade das actuacións que se realizaron sobre a illa xerou certos cuestionamentos”. Outro dos puntos onde se apoia a reclamación é a cuestión ambiental, “polo claro exemplo de especulación urbanística e agresión ao medio ambiente que supón”.

A Fundación Galiza Sempre lembra tamén que este ano cúmprense 100 anos desde que a súa inscrición no Rexistro Municipal de Outes “foi a favor dun particular”, desde que comezou a loita pola súa devolución entre a veciñanza de Esteiro e Muros. “Xa pasaron 100 anos dende que se tomou decisión política que desde o BNG e a FGS consideramos un roubo”, sinalan, engadindo que “esta publicación que se presentará o domingo ten o obxectivo de contribuír tamén a facer realidade unha longa demanda popular de xustiza e dignidade para poder rematar coa impunidade de quen quere aproveitarse dun ben público”.

No acto intervirán Sol Agra (responsábel comarcal do BNG de Muros Noia), Bieito Lobeira (autor do limiar do caderno), Francisco Abeijón, Pacucho (autor do caderno) e Rodrigo Molinos, Bolato (Asociación Cultural O Xeito). Na presentación o público poderá recoller un exemplar gratuíto do caderno.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...