Este xoves preséntase a obra gañadora do Concurso de Novela Curta Cidade de Ribeira

25 Maio 2022

O salón de plenos da Casa Consistorial de Ribeira acollerá este xoves 26 de maio a presentación oficial da obra gañadora do oitavo Concurso de Novela Curta Cidade de Ribeira, a partir das 20.30 horas. Trátase de Lúa nova, da autora ferrolá Irene Montero.

O acto estará presidido polo alcalde Manuel Ruiz e contará tamén coas intervencións de Fran Alonso, director de Xerais, editora do libro; e da propia autora. Tamén estarán presentes diversos representantes do xurado.

A cita estará amenizada musicalmente cun trío formado por alumnos do conservatorio: Miguel González Maceiras ao piano, Lázaro Losada Borja ao saxofón e Claudia Dasilva Pérez ao violonchelo.

A entrada é libre e cada asistente será agasallado cun exemplar da novela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.