Este xoves, nova mesa redonda do Espazo Familias en Boiro

10 Maio 2022

Este xoves 12 de maio a Casa da Cultura de Boiro acolle unha mesa redonda arredor dos programas Espazo Familias e Cando as pantallas educan, baixo o epígrafe Abordando os retos. Será ás 18.00 horas e contará coa presenza de Alba Castelo, Tania Sáa e Sabela Rodríguez. O obxectivo recapitular os problemas expostos en xornadas anteriores e analizar as posíbeis formas de abordalas. En xeiras previas tocáronse cuestións como os trastornos de conduta ou as adicións provocadas por un uso non racional nin supervisado das novas tecnoloxías.

Máis información e inscricións en www.espazofamilias.org.

O Espazo Familias Boiro naceu no curso escolar 2018-2019 froito do realizado nos centros de ensino do concello co obxectivo de “dar resposta ás inquedanzas e dúbidas das familias do alumnado”, impulsando a reflexión e a formación sobre temáticas que profesorado e familias viñan considerando de interese e necesidade. A día de hoxe o programa atópase na súa terceira andaina, poñendo o foco en cuestións como os problemas que xeran as pantallas dos dispositivos, o uso indiscriminado dos mesmos, os contidos inapropiados para a idade que xeran comportamentos inaxeitados, as redes sociais, as adiccións tecnolóxicas, abusos sexuais, xeitos de abordar estes escenarios…

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.