En Rois, Política Social financiará as 24 prazas do centro ocupacional de Amipa

27 Maio 2022

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou esta mañá nos actos conmemorativos polo 25 aniversario da Asociación Amipa. Durante o evento anunciou que este ano o Goberno galego incrementará as prazas públicas no seu centro ocupacional ata chegar ás 24, a totalidade do centro.

O director xeral felicitou aos membros desta entidade polo seu traballo diario en favor das persoas con discapacidade do concello de Rois. Neste sentido, lembrou que na actualidade a Xunta xa financia 20 das súas prazas para o que se destina un orzamento de preto de 155.000 euros anuais. Este centro ofrece un importante servizo de atención ás persoas con discapacidade ademais de permitirlle manter un ritmo de vida activo.

O director xeral lembrou que a Xunta mantén unha estreita colaboración con todo o tecido social galego ao entender que son as entidades sociais as que mellor coñecen as necesidades e prioridades do sector. Neste sentido, animou a Amipa a seguir traballando día a día polos dereitos das persoas con discapacidade e, lembroulles, que o Goberno galego sempre estará ao seu carón para apoialos.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a XII Carreira Popular Concello de Rianxo

Julian Bustelo, alcalde de Rianxo, Julian Alcalde, Concelleiro de Deportes, e Ramón Villanustre, técnico de deportes, presentaron hoxe na Casa do Concello a XII Carreira Popular Concello de Rianxo, que se celebrará o vindeiro 31 de outubro. A proba está incluída no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.