En Ribeira pesar polo pasamento de Fernando García “o do Banco”

24 Maio 2022
Celebración do San Carlos co histórico cadro de persoal do Banco de Bilbao no que estaba Fernando García, quinto pola esquerda de pe. apr. 1996 . Joferpa

Pesar en Ribeira pola morte de Fernando García Díaz. Persona moi querida na cidade foi antiguo empregado do Banco de La Coruña que despois sería Banco de Bilbao, BBV e BBVA.

Fernando formaba parte do cadro de persoal da oficina de Santa Uxía de Ribeira na Praza da Igrexa (Porta do Sol) do que formarían parte Manuel Cores, José Fernández París(Pepe Cambeiro), Román Sampedro, Francisco González Flores, José Patiño, Carlos Varela González, José Manuel Blanco, Juan e José Manuel Cadaval Ayaso, Jesús Díaz Otero, Juan José Gonzales Regueira (Juani), José Manuel Blanco Rodriguez José Mosteirín e Manolo Mirás, entre outros.

Á marxe do banco, Fernando García desenvolveru labores empresariais como socio da empresa “Homigones de Xarás”. A súa viuva é María Luísa Marías Míguez e tiña catro fillos Fernando, Luisa, María e Paloma.

Tiña 86 anos e o enterro terá lugar este mércores ás 14.30 no “Tanatorio do Barbanza” en Xarás onde será incinerado. O funeral terá lugar ás 20.30 do mércores na Igrexa Parroquial de Santa Uxía de Ribeira. D.E.P.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.