Accidente en Boiro onde morre unha muller e un motorista resulta ferido de consideración

14 Maio 2022

Unha muller de 39 anos perdeu a vida nun accidente de tráfico rexistrado ás seis da tarde deste sábado en Boiro e cuxas circunstancias trata de esclarecer a Garda Civil de Tráfico, quen se fixo cargo da investigación. Varios particulares alertaron ao 112 de que dúas persoas estaban tendidas sobre a calzada tras caerse da moto na que circulaban pola estrada comarcal AC-305 ao seu paso por Cespón, pero non está claro se a vítima viaxaba na motocicleta ou se ía camiñando pola beiravía cando foi alcanzada polo vehículo. Ademais, no sinistro tamén se viu implicada unha furgoneta.

O único que está claro é que a muller, Sonia Alonso, que vivía preto do lugar no que se produciu o accidente, na recta de Vilariño, faleceu practicamente no acto.

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro A.D.C.Bomberos Boiro

Ás seis desta tarde, o 112 Galicia recibiu a alerta a través da chamada de varias testemuñas do suceso. Durante a comunicación cos xestores de emerxencias afirmábase que un dos motoristas implicado precisaba asistencia médica urxente e situaban o sinistro na parroquia de Cespón.

De inmediato, desde Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE-112) avisouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que comunicou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense, pero, finalmente, a súa intervención quedou descartada ao atoparse unha ambulancia con persoal médico no lugar do suceso.

Desafortunadamente, malia os esforzos do equipo médico desprazado ata o punto nada puido facer por salvarlle a vida. Así mesmo, confirmouse que o outro motorista ferido foi evacuada polos profesionais sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

Compre sinalar que para prestar apoio aos equipos de intervención desprazados, desde o CIAE-112 pasouse aviso aos Bombeiros de Boiro, aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento das estradas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...