En Boiro, a Romaría das Letras Galegas regresará ao Pazo de Goiáns

06 Maio 2022

Unha das máis emblemáticas contornas do concello de Boiro, o Pazo de Goiáns e a súa finca, vai ser novamente o escenario da celebración das Letras Galegas a nivel local. Así nolo confirmou o Concello de Boiro en rolda de prensa, este venres 6 de maio, achegando tamén os detalles dun programa que sube un chanzo en calidade, cantidade e diversidade con respecto á anterior edición. O alcalde José Ramón Romero e a concelleira María Outeiral salientaron a importancia histórica e simbólica do escenario da celebración (un Pazo de Goiáns acabado de recuperar e remodelar, que “volve á vida” da mellor maneira posíbel: celebrando o pasado, o presente e o futuro da nosa cultura). Romero e Outeiral confirmaron tamén que para acubillar a Romaría das Letras (organizada polo Concello coa colaboración da Asociación Barbantia), estase a actuar no acondicionamento de toda a contorna do pazo co obxectivo de “que a veciñanza poida desfrutar ao máximo da súa finca”. Por certo que a Romaría das Letras inaugurarase o 16 de maio pola tarde, coincidindo coa plantación dunha figueira da horta de Rosalía e coa presentación do número 6 da revista Follas Novas. A programación do luns 16 vaise completar coa actuación de Laura Lamontagne e Pico Amperio e tamén da compañía Nova Galega de Danza.

O día 17 de maio haberá programación durante todo o día. A apertura de portas farase a partir das 11.00 horas e haberá postos de artesanía; un photocall das Letras Galegas sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán; libreiros e polbeiras. Haberá baile galego coas entidades locais Xilbarbeira, Aroña e Abeloura; sesión vermú con Os da Porfía; xantar popular cos Pequenos do Barbanza.

Pola tarde serán as presentacións literarias a cargo da Asociación Cultural Barbantia. Daranse a coñecer O caso dos amantes de París de Miguel Alonso; e Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade, de Héctor Cajaraville. Pola tarde serán tamén as actuacións de Esperanza Mara, do grupo de teatro Airiños; Xisco Feijóo e Baiuca.

Ademais da programación propia con motivo das Letras Galegas 2021, dende a Concellería de Cultura do Concello de Boiro realizáronse propostas para todo o mes de maio. “Nestes dous anos non deixamos de programar porque o consideramos fundamental para darlle vida ao pobo e o mes de maio non podía ser menos”, afirmou a concelleira de Cultura, María Outeiral.

No mes de maio haberá programación para todos os públicos con representacións teatrais presentacións literarias, ciclo de cine Mestre Mateo, actuacións de grupos e entidades locais…

Programación maio

Viravai – 13 de maio, Parque da Cachada

Carteiro en bicicleta – 20 de maio, Parque da Cachada

-Presentación do libro A segunda república en Boiro (1931 -1936) de Antón Gallardo – 20 de maio, Casa da Cultura

-Ciclo de cine Mestre Mateo – 21 de maio, Centro Social de Boiro

-Homenaxe a Machín – 22 de maio, Casa da Cultura

-Ludoteca itinerante e xogos infantís – 27 de maio, Parque da Cachada

-Actuación da Banda do Conservatorio de Noia – 4 de xuño, Pazo de Goiáns

-Festival Olloboi – 10 de xuño, diferentes espazos

-Actuación de ballet con Cen Pliés – 25 de xuño, Praza da Terceira Idade

-Ciclo de cine Mestre Mateo – 25 de xuño, Centro Social de Boiro

-Festival de AC Pedra da Aroña – 26 de xuño, Escarabote

Programación Letras Galegas

16 de maio

19.00 horas – plantación da figueira da horta de Rosalía

20.00 horas – presentación da revista Follas Novas

21.00 horas – actuación actuación de Laura Lamontagne e Pico Amperio

21.30 horas – actuación de Nova Galega de Danza

17 de maio

11.00 horas – apertura de portas

11.30 horas – mercado de artesanía

18.00 horas – baile galego con Xilbarbeira, Aroña e Abeloura

13.00 horas – sesión vermú con Os da Porfía

14.00 horas – xantar popular cos Pequenos do Barbanza

16.15 horas – presentación institucional

16.30 horas – presentacións literaris a cargo de AC Barbantia

O caso dos amantes de París de Miguel Alonso

Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade de Héctor Cajaraville

17.30 horas – actuación de Esperanza Mara

18.00 horas – actuación de Airiños

18.00 horas – baile galego na eira do Pazo con Xilbarbeira, Abeloura e Aroña

19.00 horas – actuación de Xisco Feijóo

20.00 horas – actuación de Baiuca

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...