“Cubrir custos nas explotacións leiteiras”. Antón Luaces

11 Maio 2022

O sindicato Unións Agrarias (UU.AA.) recoñece que, após varias semanas de negociación e con prácticamente o 10% dos contratos asinados, as explotacións leiteiras máis grandes están preto do “obxectivo de prezo”, é decir de cubrir os custes.

Así o manifestou o responsable do sector leiteiro de UU. AA., Óscar Pose, para quen o problema xa non está tanto no prezo que recibirán a partires de agora as explotacións máis grandes, como naquelas que teñen unha produción maior nas granxas pequenas e de tamaño medio.

Queda moito por mellorar para poder cubrir os custos desas explotación dado que manteñen unhas diferencias de prezo en relación coas granxas de maior tamaño, que complican a súa viabilidade. Algunhas empresas foron reducindo algo este diferencial que, vai algunas semanas, chegaba a situarse nos estremos en torno aos 0,08 euros por litro. Agora compre esperar a que a maioría da industria acepte rebaixar  esa diferencia na que paga o litro de leite en función do tamaño das explotación a uns niveis aceptables.

Recoñecéuse que neste mesmo mes por fin se asinaron contratos de referencia entre as partes para os meses de abril, maio e xuño cun prezo medio do leite de vaca de 0,425 euros o litro, ao que hai que sumar materia graxa, proteína e certificacións. Unha medida que pode frear a sangría da desaparición de explotacións de leite en distintas provincias españolas noameadamente nas comunidadeds autónomas de Castela e León e Galicia.

Desde a dirección xeral de Gandarías, Agricultura e Industrias Agroalimentarias confirman con cifras a importancia do sector leiteiro en Galicia, comunidade autónoma que aglutina o 56% das explotacións produtoras  españolas e o 40% da producción anual de leite, aínda que no caso do leite ecolóxico, Galicia representa a metade do mercado nacional.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...