Convocado o concurso para o cartel das xornadas Homenaxe a Valle-Inclán

22 Maio 2022

A Concellería de Cultura da Pobra convoca un concurso co fin de elixir o cartel que se empregará na divulgación da próxima edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán. Ó certame poderán concorrer todas as persoas que o desexen, a condición de que sexan maiores de idade, cun máximo de dúas propostas. O autor da lámina gañadora obterá un premio en metálico de 700 euros.

A celebración destas “Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán”, que en 2022 sumarán vintecatro edicións ininterrumpidas na Pobra do Caramiñal, constitúe unha cita cultural de referencia para as dúas bandas da ría de Arousa e de Galicia cada mes de outubro. Creáronse en 1999 a instancias de Carlos del Valle-Inclán Blanco, I marqués de Bradomín, fillo do universal escritor don Ramón, e de Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán da vila do Caramiñal, que desenvolveu o proxecto e dende fai máis de dúas décadas organiza, programa e comisaria as Xornadas que crearon. Sendo financiada a suma de todas as edicións polas administracións públicas galegas: Xunta de Galicia e Concello da Pobra do Caramiñal.

Precisamente, logo de falecido o I marqués de Bradomín será o seu fillo Xaquín del Valle-Inclán Alsina, a presenza familiar máis constante nos actos institucionais e na axenda cultural destas xornadas coas que museo e localidade tributan pública admiración ao escritor. De feito dende 2003 fíxose cada vez máis evidente a boa sintonía coa especialización técnica da institución valleinclaniana, á que, de feito, este neto e sinalado investigador ofrece o seu protectorado. Ampliando o ámbito de actuación das actividades que sobre Valle-Inclán se ofrecen en Galicia a terceiras localidades, en especial, cíclicamente na capital galega, Santiago de Compostela. Facendo visible alén das comarcas arousás o protagonismo do Museo do Barbanza, unha das primeiras Casas Museo literarias de Galicia e o Museo Valle-Inclán decano de España.

Os interesados en concorrer ao certame teñen ata o 15 de agosto para facer chegar as súas propostas que se entregarán no Museo Valle-Inclán ou no rexistro do concello ou envialas por correo certificado

Coincidindo co día dos museos, abriuse unha exposición cos carteis que se empregaron para promocionar as xornadas sobre Valle-Inclán durante os seus 23 anos de historia. As láminas pódense ver no museo de martes a venres, de 10.00 a 15.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 14.00 e entre as 17.00 e as 19.00.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.