Convocada en Noia a XXI edición do concurso de literatura de aventuras Antón Avilés de Taramancos

27 Maio 2022

A Concellería de Cultura de Noia que dirixe José Pérez presentou os detalles da nova edición (a XXI) do Certame Literario Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos.

Os detalles foron dados a coñecer polo propio José Pérez, quen indicou que temos de prazo até o 15 de setembro para presentar as nosas contribucións. Entre os requisitos principais establecidos atópanse os seguintes: sermos maiores de idade e presentarmos un único traballo en galego de temática libre que sexa inédito e que estea encadrado no relato de aventuras.

A maiores, determínase que a obra terá que ter unha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres e que deberá presentarse por cuadriplicado en exemplares, mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados.

O premio é único de 3.000 € xunto a unha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa. Ademais a obra gañadora será publicada pola editorial Toxosoutos.

Os traballos serán remitidos ao enderezo:

Concello de Noia, rúa Rosalía de Castro, 2. 15200 Noia (A Coruña)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.