Completada a redacción do proxecto de expropiación dos terreos para o novo polígono de Ribeira

26 Maio 2022

O Concello de Ribeira informou de que a redacción do proxecto de expropiación dos terreos para o novo polígono industrial xa foi completada. Agora, a súa aprobación inicial será sometida á consideración dos grupos da Corporación na sesión ordinaria do pleno do mes de maio, programado para o vindeiro luns día 30 ás oito da tarde.

Segundo engadiron fontes do Consistorio, “deste xeito dáse outro paso máis na consecución desta área industrial destinada a ocupar un espazo de 258.000 metros cadrados na zona de Fontenla e Pedras Vermellas, na parroquia de Palmeira”.

O Concello tamén lembra que a empresa adxudicataria do proxecto foi Fernández Carballada y Asociados. De acordo cos traballos, a relación de propietarios suxeitos á expropiación recolle un total de 17 titulares, donos de 21 parcelas.

De recibir o visto bo da Corporación, será sometido a exposición pública por prazo dun mes para que as persoas interesadas formulen as observacións e reclamacións convenientes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.