Comezan as obras de mellora da Praza do Rueiro en Palmeira

16 Maio 2022

O Concello de Ribeira informa do inicio dunha nova actuación dirixida ao acondicionamento e mellora da praza do Rueiro en Palmeira, á beira do arranque da praia da Corna.
As obras que se están a executar consisten basicamente na renovación do pavimento, actualmente de baldosa bastante deteriorada. A tal efecto, instalarase unha nova superficie formada por lousas de granito e de formigón pulido previo acondicionamento da mesma, en tanto que os bordillos serán de granito abuxardado.
Outras accións que se van emprender son a habilitación dunha pequena zona verde circundando as palmeiras existentes a base de terra vexetal e céspede natural. Tamén se colocarán tres novos bancos de madeira e se instalará unha nova varanda de aceiro inoxidable en substitución da existentes.
Os traballos están sendo executados por Marqués de Marancán, S.L. e comportan un investimento de 15.932,96 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.