Cáritas Ribeira recibe a furgoneta rehabilitada polos alumnos do centro integrado de Coroso

24 Maio 2022

Cáritas Parroquial de Ribeira conta desde esta semana cunha furgoneta para o desenvolvemento do seu labor.

A furgoneta foi rehabilitada polos alumnos do centro integrado de Coroso que fixeron unha lavada de cara o furgón que queda como recén saído do concesionario.

O alumnado que se encargou da rehabilitación son dos ciclos de carrocería e mantemento de vehículos, polo que desde Cáritas Parroquial amosan publicamente o seu agradecemento ao centro e os seus alumnos.

O acto de entrega contou coa presenza do párroco de Santa Uxía Alfonso Mera e a presidenta de Cáritas Ribeira, Teresa Pérez e membros da directiva da Asociación e alumnos e profesores do centro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.