Calma na frota ao librarse do veto total ao arrastre de fondo na UE

A frota galega móstrase “satisfeita” con que o Parlamento Europeo non pedise o veto total ao arrastre, senón que se prohiba este tipo de artes en certas partes das áreas protexidas e téñanse en conta informes científicos, aínda que “de fondo segue habendo esa presión meidoambientalista”.

Segundo recolle a axencia Europa Press a proposta presentada pola socialista portuguesa Isabel Carvalhais “na que se propoñía un veto ao arrastre de fondo en áreas mariña protexidas”, foi “gran motivo de alivio para as frotas que antes de impoñer esas restricións sería necesario contar co mellor asesoramento científico dispoñible”.