Boiro, Rianxo e Valga reunirán adegueiros de toda Galicia para celebrar os viños con Indicación Xeográfica Protexida os días 24, 25 e 28 de maio

O asociacionismo no sector vitivinícola e a recuperación de terras para o seu cultivo serán os temas centrais nos encontros que se celebrarán en Valga e Rianxo os días 24 e 25 de maio. sábado 28 terá lugar no Pazo de Goiáns (Boiro), o Túnel do viño, no que profesionais da hostalaría e público xeral poderán coñecer os viños desta IXP e das outras tres que existen en Galicia a través dunha exposición e catas comentadas. Ese mesmo día, celebrarase un acto institucional de apoio no que participarán representantes de concellos e da administración pública.
As xornadas divulgativas estarán centradas no asociacionismo do sector e na recuperación de terras para o cultivo, polo que as protagonistas serán as quince adegas que colaboran no proxecto, que se xuntarán con representantes da administración pública para debatir sobre as súas perspectivas de fururo. Participarán tamén a Directora Xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé Riveira, o Director Xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos Corral, así como alcaldes e representantes da administración pública, dos Grupos de Desenvolvemento Rural Deloa e Salnés-Ulla-Umia, así como do resto de GDRs que cooperan no proxecto.No túnel do viño poderanse coñecer e probar viños das catro IXP de viño de Galicia a través e catas comentadas que se celebrarán ao longo do día, poñendo o foco nos da IXP Terra de Barbanza-Iria. Previamente terá lugar un acto institucional de apoio no que participarán alcaldes dos Concellos que conforman a IXP, así como representantes doutras administracións.A asistencia ás xornadas e ás catas comentadas é gratuíta, pero compre inscrición a través do formulario que se pode atopar na web Viños das IXP de Galicia.
 Viños das IXP de GaliciaEstas actividades desenvólvense dentro do proxecto Viños das IXP de Galicia, un proxecto de cooperación dos Grupos de Desenvolvemento Rural no que colaboran 15 adegas repartidas entre as catro Indicacións Xeográficas Protexidas ao amparo das que se elaboran viños en Galicia. Este proxecto pretende impulsar o sector vitivinícola de cada unha das indicacións establecendo canles de comunicación e cooperación entre elas e, ao tempo, favorecer o coñecemento, dentro e fóra das súas comarcas, dos produtos que elaboran as adegas, así como dos recursos enoturísticos que os rodean.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistirá á xornada informativa de renovación de órganos reitores de confrarías de pescadores e das súas federacións destinada ás secretarias e secretarios destas entidades