Boiro contará este sábado cunha urna para participar na consulta monarquía ou república

Este sábado celébrase en todo o territorio estatal unha consulta popular sobre o modelo de
Estado. Coa consulta, impulsada pola Plataforma Consulta Popular Estatal Monarquía o
República
, preténdese coñecer a opinión da cidadanía e trasladar á rúa o que a plataforma define como “unha cuestión crucial” e “que nos define como sociedade e como pobo”.

Máis de setecentas mesas haberá espalladas por todo o territorio español o sábado a partir das 10h. A plataforma engade que calquera persoa maior de 16 anos poderá achegarse ás mesas para expresar a súa opinión a través do voto. A bisbarra do Barbanza estará tamén representada coa urna colocada no municipio de Boiro, na rúa peonil, detrás do edificio do Concello

A plataforma convocante, que naceu en 2019, está formada por decenas de organizacións políticas, asociacións e persoas a título individual que se uniron co obxectivo expreso de realizar esta consulta.