Boiro acolle este sábado unha nova edición do Maio Vintage

03 Maio 2022


O Concello de Boiro e maila Asociación Creaturas organizan esta finde unha nova edición do Maio Vintage. Será, concretamente, o vindeiro sábado 7 de maio durante todo o día na rúa peonil. A programación contempla postos de artesanía, de ilustración e de segunda man, obradoiros, concertos e actuacións de DJs.
Un total de 25 postos de venda estará situados na rúa Pablo Iglesias dende as 11.00 ata as 21.00 horas, ademais de postos de colectivos do municipio como son Unión de Muchachas, Cruz Vermella, Ambar, CEIPs e outros colectivos, e unha mostra de motos antigas a partir das 16.00 horas.

Durante o día vanse desenvolver os concertos de Garzía de Los Jinetes del Trópico ás 13.30h; Elba ás 20.00h; Copa Turbo ás 22h; e The Soul Jacket ás 23h. Tamén haberá concertos de Las hijas de ZP ás 11h; Baño Txeku ás 11h; DJ Matrek ás 12h; Crooked Savage ás 17h; Rasca & Pincha ás 17h.

No transcurso da mañá e da tarde desenvolveranse tamén obradoiros: ás 11h Deica ilustración; ás 11h performance Ambar; ás 13h maquillaxe; ás 16.30h estampado de maios; ás 18.30h swing.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.