Aurora Marco presenta o ensaio Irmandiñas na Pobra, unha proclama polas mulleres invisibilizadas

09 Maio 2022

A Pobra acolleu este domingo 8 de maio a presentación do ensaio Irmandiñas, de Aurora Marco, unha obra que reivindica o legado das mulleres que foron invisibilizadas e enxalza, recupera e mostra o labor social, cultural e político desenvolvido polas mulleres galegas nas primeiras décadas do século XX, etapa en que, malia a súa incorporación aos espazos públicos, a súa proxección foi limitada e as irmandiñas non foron unha excepción.

Este é o argumento de Irmandiñas, froito do arduo traballo de investigación ao longo de catro anos a través do que a súa autora, Aurora Marco, constata documentalmente a relevancia do seu compromiso e dinamismo, contribuíndo a recuperar e recoñecer o legado destas mulleres.

O libro presentouse na tarde do 8 de maio, no Auditorio do Museo Valle-Inclán, nun acto organizado pola Concellaría da Memoria Histórica da Pobra do Caramiñal e contou coa intervención do seu edil, Xabier Santos (BNG), e da propia escritora.

Outros artigos

Adiado en Rianxo até o 17 de maio o acto de homenaxe a Rosalía

A Área de Cultura do Concello de Rianxo confirmou hoxe que por mor das condicións climáticas adversas previstas para este venres 23 de febreiro, o acto en lembranza de Rosalía de Castro que estaba previsto para a dita xornada na praza de Padrón (no paseo da Ribeira a...

+

O sábado comeza a XVII edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza

A Casa da Cultura de Boiro acolle esta fin de semana, o sábado 24 e o domingo 25 de febreiro, a dezasete edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza, organizado polo Centro Arqueolóxico do Barbanza (Boiro). Este evento, que comezou a súa andaina no ano 2007, ten como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...