Antonio Basanta toma posesión como novo director xeral de pesca, acuicultura e innovación tecnolóxica

30 Maio 2022

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presidiu esta mañá a toma de posesión de Antonio Basanta como novo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica en substitución de Mercedes Rodríguez Moreda. A titular de Mar agradeceu o labor desenvolvido nos últimos anos por Mercedes Rodríguez e felicitou a Antonio Basanta polo seu nomeamento, un paso máis, salientou, na súa constante dedicación e traballo a prol do sector marítimo-pesqueiro galego.

Antonio Basanta agradeceu a confianza mostrada ao ser nomeado para o cargo e trasladou o seu compromiso total cun sector ao que está vencellado desde o inicio da súa traxectoria profesional. Ata o momento do seu nomeamento era xefe de gabinete da Consellería do Mar e anteriormente desempeñara distintas funcións nas Consellerías de Medio Ambiente e de Medio Rural e do Mar. Tamén foi mariñeiro de pesca e en embarcacións de servizos portuarios, docente de diferentes cursos e mestrados das tres universidades galegas e ten participado e colaborado en varios proxectos da Unión Europea.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, preside a toma de posesión do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.