Antonio Basanta, novo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

25 Maio 2022

O Consello da Xunta aprobou hoxe o nomeamento de Antonio Basanta Fernández como director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica en substitución de Mercedes Rodríguez Moreda. Nacido en San Cibrao (Cervo), era ata o de agora xefe de gabinete da Consellería do Mar.
É licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) na especialidade de Administración Pública, Máster en Economía Pesqueira da USC, especialista en procesado e estudo de datos e ten experiencia como mariñeiro de ponte da Mariña Mercante.
Ademais do cargo que desempeñou desde 2015 ata a actualidade, foi asesor da Consellería de Medio Ambiente entre 2004 e 2005, xefe de relacións institucionais e internacionais da Consellería do Mar entre os anos 2009 e 2012 e xefe de gabinete da Consellería do Medio Rural e do Mar desde 2012 ata 2015. Tamén foi mariñeiro de pesca e embarcacións de servizos portuarios, docente en diferentes cursos e mestrados das tres universidades galegas e ten participado e colaborado en varios proxectos da Unión
Europea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...