Ángeles Vázquez di que as obras para mellorar o bordo da praia do Cruceiro, no Son, licitaranse este mes

11 Maio 2022

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Váquez, estivo na mañá deste 11 de maio na nosa comarca presentando varias iniciativas de rexeneración e posta en valor. Unha delas ten como protagonista á céntrica praia do Cruceiro, na vila de Porto do Son. Segundo informou, o seu departamento licitará este mes as obras para mellorar o bordo do areal. O obxectivo é inicialas despois do verán, buscando “non xerar molestias aos usuarios durante a tempada estival”. Na súa estadía no Son estivo acompañada da conselleira do Mar, Rosa Quintana, e do alcalde Luis Oujo.

Tal e como explicou Vázquez, “esta actuación pretende poñer en valor a zona entre o espigón, a avenida de Galicia e o parque, mediante o fomento e consolidación das dunas e a organización de accesos ao areal a través delas”. Así, está previsto mellorar o estado actual de preto de 4.000 m2 da zona portuaria da vila sonense, “polo que Portos debe autorizar as obras por desenvolverse en terreos da súa titularidade”, dixo, engadindo que o importe do proxecto ascende a preto de 263.000 euros, dos cales case 184.000 euros —o 70%— serán aportados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a contía restante -79.000 euros, un 30%- será achegada polo Concello, tal e como se expón no convenio asinado entre ambas partes e tamén Portos de Galicia.

Os traballos consistirán na demolición de muros de formigón, asfalto e bordos actuais, e tamén están contemplados movementos de terras “para dar firmeza aos alicerces das pasarelas que se instalarán”. Os pavimentos reporanse con lousas de granito e as pasarelas remataranse en madeira de pino. Así mesmo, a actuación recolle a instalación de abastecemento e saneamento para dar servizo aos usuarios da praia, coa colocación de duchas e lavapés, e de alumeando e de balizas.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.