Alumnado do IES da Pobra participa no escape room titulado “Na procura do galego”

10 Maio 2022

A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal impulsa o Maio das Letras, cunha extensa axenda
dedicada a tódolos públicos e facendo especial fincapé nas Letras Galegas, que, neste 2022, teñen Florencio Delgado Guarriarán como protagonista.
Entre as propostas deseñadas para a mocidade figura un escape room.
Baixo o nome Na procura do galego, está dirixido exclusivamente ao estudantado do IES pobrense, ao longo das xornadas dos días 9 e 10 de maio, tomando como punto de partida o dormitorio de Florencio Delgado no mesmo día en que decide saír de España. Para completa-lo desafío hai que descubrir diversos documentos importantes para o futuro da literatura galega.
Ata o centro educativo desprazouse a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE) para comproba-lo desenvolvemento desta actividade e falar coa rapazadapara coñece-las súas impresións.

Outros artigos

Barbanza Arousa recibe as primeiras adhesións ao SICTED

A Mancomunidade Barbanza Arousa, en consonancia coa súa estratexia de colaboración público-privada, continúa este ano coa implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, SICTED, entre os axentes turísticos do territorio. Nesta ocasión, a primeira...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Celebrando a  Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...