Adxudicadas provisionalmente as obras de saneamento e abastecemento nas Lombas (Palmeira)

04 Maio 2022

O Concello de Ribeira adxudicou provisionalmente unha nova actuación consistente na instalación dos servizos de saneamento e abastecemento de auga no lugar das Lombas, na parroquia de Palmeira. Así, de entre as 26 propostas presentadas a que obtivo a maior puntuación resultou Excavaciones Nima, S.L., sendo a súa oferta económica de 163.138,89 euros, IVE incluído.

Para dotar de saneamento ao lugar vaise instalar, segundo o proxecto, unha tubaxe SN4 de 315 milímetros de diámetro e 578 metros de lonxitude, ademais de 23 pozos de rexistro. A través do colector levaranse as augas residuais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se instalará un pozo de bombeo. De aquí as augas impulsaranse outra tubaxe, neste caso de polietileno de alta densidade de 549 metros de longo e 90 milímetros de diámetro, ata a súa conexión coa rede xeral.

Para as obras de abastecemento colocarase unha tubaxe de 500 metros de longo e 75 milímetros de diámetro, xunto con dúas válvulas de comporta, dúas válvulas de baleirado e dúas ventosas.

A actuación está enmarcada no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2021 e ten un prazo de execución de cinco meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.