“Acércase a declaración do patrón do Villa de Pintanxo”. Antón Luaces

22 Maio 2022

O 31 deste mes de maio vai prestar declaración no Xulgado de Instrucción número 2 da Audiencia Nacional, o patrón do arrastreiro de Marín “Villa de Pitanxo”. O buque afundira o pasado 15 de febrero a 250 millas das costas de Terranova. O Tribunal admite como personadas a varias familias dos tripulantes finados no naufraxio do pesqueiro marinense.

Javier Padín, patrón do barco, será o único dos tres sobreviventes que declarará meste caso en calidade de investigado. Os outros dos sobreviventes, Eduardo Rial (sobriño do patrón) e Samuel Kweci, mariñeiro ghanés) tamén van declarar pero en calidade de testemuñas, a partir das 11 da mañá do mesmo día .

Ven ser este un paso máis nas dilixencias do caso malia qwue a Audienc9a Nacional aínda non se declarou competente na investigación do caso do afundimento do “Villa de Pitanxo”.

Mentres esto acontece coas familias de varios dos mariñeiros finados, tanto no Grupo  Molares (casa armadora do buque) coimo a compañía aseguradora pedíselles máis documentación para clarexar as razón polas que as vítimas non se consideran responsables subsidiarias do naufraxio, polo que non foron personados.

Existe a crenza de que este terrible caso, con 21 mortos (un dos máis duros dos últimos 50 anos relacionados con Galicia) ten moitos puntos que deben ser abordados xudicial e policialmente. Porque queda aínda por determinar que foi o que motivou o afundimento do barco, por que só dous (o patrón e o seu sobriño) dos tripulantes rescatados tiñan posto o traxe de supervivencia, ao igual que deben determinarse as diferenzas de criterio existentes das decraracións do patrón e o seu sobriño e as do mariñeiro ghanés.

Aso parecer, amáis, existen contradicións no declarado polo patrón e o seu sobriño e o relatado polo citado mariñeiro africano, aparte doutras que inciden negativamente no dito polos dous primeiros citados en relación coas manobras realizadas para non perder a copada de peixe que o arrastreiro metía no parque de pesca no medio dun forte temporal cuxas consecuencias deberían conducir a suspender esas manobras e mesmo ter decidido cortar a cordaxe do aparello que os mandos do buque ordenaran meter a bordo. Tamén hai datos enfrontados entre o declarado por patrón e sobriño  e os contrastados nos centros meteorolóxicos da zona que, asimesmo, deben ser clarexados.

O caso do “Villa de Pitanxo” ten aínda moito que aportar e está a servir agora mesmo, como materia de análise sobre o comportamiento dos armadores e os mandos dos buques diante dunha situación de emerxencia semellante á vivida no buque de Marín cando polo medio hai intereses económicos.  

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.