Accidente cun tractor en Dodro

Un home resultou ferido nunha perna ao ser golpeado por un tractor nunha leira no lugar de Tallós, na parroquia de Laíños.

Os feitos sucederon uns minutos despois das seis e media desta tarde. A esa hora, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar da situación do home ferido.

Axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, á Garda Civil e ao GES de Padrón.