A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará esta semana en Boiro

A unidade móbil para a inspección técnica de vehículos agrícolas estará en Boiro este semana, entre os días 2 e 5 de maio na Avenida de Avellaneda en horario de 9.00 a 13.30 horas pola mañá e de 15.15 a 18.00 horas pola tarde.

Para realizar a inspección de vehículos é preciso concertar cita previa no teléfono 902 30 90 00 ou a través do sistema web en www.sycitv.com.