A Pobra vivirá unha nova xornada de atletismo co campionato provincial nas categorías menores

25 Maio 2022

O estadio municipal da Alta, na Pobra do Caramiñal, acollerá no 29 de maio o Campionato Provincial
de Atletismo en Pista ao Aire Libre nas categorías benxamín/benxamina, alevín/alevina e infantil, tanto masculinas coma femininas.
Numerosos/as atletas tratarán de logra-las mellores marcas en carreira, salto de lonxitude, lanzamento de peso, pértega, pelota, xavelina, disco, martelo, salto de altura e salto triplo. Ademais, haberá probas combinadas na modalidade infantil.
O evento deportivo desenvolverase ao longo de toda a xornada e seguirase o protocolo establecido por mor da COVID-19.
Organiza a Secretaría Xeral para o Deporte coa colaboración da Federación Galega de Atletismo (FGA), a Concellaría dos Deportes -da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra)-, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Agrupación Deportiva Escolar As Rías.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.