A Marea Cidadá, crítica coa situación da Unidade de Saúde Mental en Noia

11 Maio 2022


A Marea Cidadá de Noia emitiu un comunicado crítico coa situación da Unidade de Saúde Mental no municipio. Segundo advirten, “a falta de persoal pon en perigo a situación de moitas persoas vulnerábeis, que xa están a ver agravados os seus problemas”. E engaden: “De acordo coa información aportada pola formación local, a falta de persoal psiquiátrico nos servizos sanitarios da vila estaría dificultando a intervención nun momento especialmente delicado”.

A Marea opina que malia tratarse dun servizo cada vez máis demandado, “non hai persoal de abondo para dar resposta a esta demanda”. De feito, indican, “tan só no último mes foron decenas as persoas que se queixaron da actual situación, denunciando as diferentes formas nas que esta seria carencia afecta gravemente as súas vidas”.

Dende A Marea entenden que “estas situacións de desamparo, malestar e en moitos casos angustia derívanse claramente de falta de persoal e de coordinación na Unidade de Saúde Mental, así como da falta de recursos públicos dedicados a apoiar iniciativas e asociacións orientadas ao coidado e a promoción da saúde mental”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.