A exposición “Inquedanzas III” inaugúrase na Pobra no 3 de xuño

31 Maio 2022

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal será escenario no 3 de xuño, ás 20.30 horas, da inauguración da exposición colectiva de pintura Inquedanzas III.

Trátase dunha mostra formada por obras que plasman as inquedanzas das pintoras e pintores instruídos por Paola García: Ángela Campaña, Margot Fernández, Elena Moure, Elena Pazos, Josefa Seráns, Lola Seráns, Loida Moreno, Carmela Fernández, Dolores Mariño, Carmen González, Antonio Muñiz, Encarnita González, Ángeles Abalo e Pura Nin.

Organiza a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Barbanza Arousa recibe as primeiras adhesións ao SICTED

A Mancomunidade Barbanza Arousa, en consonancia coa súa estratexia de colaboración público-privada, continúa este ano coa implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, SICTED, entre os axentes turísticos do territorio. Nesta ocasión, a primeira...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Celebrando a  Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...