A Deputación da Coruña achega tres cursos sobre diferentes aspectos da ciberseguridade

12 Maio 2022

A Deputación da Coruña, seguindo co seu obxectivo de favorecer a plena integración dixital da cidadanía (unha integración que ademais sexa segura, fiábel e eficaz) achega esta tempada tres actividades formativas dende o Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal. Os tres obradoiros, que tocan temáticas como lexislación e dereitos, protección TIC no sector turístico e seguridade no comercio electrónico, abéiranse ao marco de Estratexia Dixital Provincial.

Trátase das seguintes propostas:

·   Ciberseguridade en Internet: lexislación, desafíos e dereitos 

  • Data: 25 de maio de 17.00h. a 19.00h.
  • Modalidade:  presencial e en liña

·    Seguridade e privacidade no sector turístico

  • Data:  8 de xuño de 17.00h. a 19.00h
  • Modalidade: presencial e en liña

·     Seguridade ecommerce

  • Data:  28 de xuño ás 12.00h.
  • Modalidade: en liña

Os cursos presenciais desenvolveranse na Sala Juanjo Gallo da Deputación Provincial da Coruña, no sexto andar do número 2 da avenida Porto do Coruña.

As inscricións realizaranse cumprimentando o formulario que figura na web das xornadas.

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...