
A axuda prometida polo Goberno para a xestión e pago que evitarían cargas administrativas adicionais e axilizar a rápida concesión de axudas á frota pesqueira española, mantense na nebulosa que afunde cada día máis as todo canto barco de pesca faene en caladoiros nacionais ou comunitarios e mesmo a aqueles que faenan en caladoiros lonxanos. De momento no hai axudas.
Sen embargo, na veciña Francia sí se conceden ese tipo de axudas.
Mentres tanto os barcos españois perviven a duras penas, en desvantaxe e sen poder competir.
Aquí, o criterio baséase nun reparto xustificado polo consumo dos motores dos buques. Deste xeito, a axuda anunciada ía ser prorrateada en función dos quilovatios de potencia dos motores de cada barco. Pero nin arre nin xó.
A suba dos prezos do gasóleo segue a repercutir negativamente na rendibilidade da frota pesqueira, o que supón un risco para a súa continuidade, en opinión dos armadores. O gasto do gasóleo ven ser unha moi alta porcentaxe dos custos de explotación dun barco de pesca, máxime tendo en conta que este incremento non se pode repercutir nun maior prezo do peixe vendido.
Non resulta doado sumar os custos adicionais sufridos polo aumento do prezo do carburante e, deste xeito, fáise prácticamente imposible manter a actividade estrativa.
A cuestión radica en si sería lícito aplicar unha subvención -que non admite a UE e que rexeitan as organizacións ecoloxistas- mediante a concesión directa aínda que a concorrencia sexa inexistente.
A frota, en xeral, máis que afundir, afoga. E non se entende que España no axude, cado esas mesmas axudas circulan por dereito propio noutros Estados membros.
E que pasa no sector?. Pois este afirma que aguantarán ata o vindeiro día 20, cando se reformulen posturas que, polo que se pode albiscar da fonda preocupación existente, pode resultar explosiva nos efectos porque o amarre total non se desbota. Un amarre xustificado pola inacción das autoridades españolas, algo que non concorda nen siquera mínimamente co camiño que se sigue polos franceses (entroutros).
As confrarías de pescadores están decididas a dar un golpe riba da mesa. E de ser así, non sería estrano que a patronal Cepesca optara por facer unha fronte común. Abocados uns e outros a esixir o cumprimento do prometido (comprometido?) polo Executivo español axitan a paciencia como arma neste momento. Pero o día 20 saberase do futuro inmediato.
A chorar a Cangas, ministro?.