A ABE e Cruz Vermella Boiro formalizan un acordo de colaboración

10 Maio 2022

Na mañá deste martes 10 de maio a ABE e a asemblea local da Cruz Vermella de Boiro asinaron un convenio de colaboración que recolle a intención de ambas entidades en explorar liñas de traballo en común. Ao acto de sinatura asistiron por parte da patronal boirense o presidente e o xerente, Daniel García e Tomás Estévez, respectivamente, e por parte de Cruz Vermella a presidenta e o vicepresidente, Rosa Abuín e Ricardo López Triñanes, e máis a coordinadora local, Natalia Romero.

En palabras do presidente da ABE “o obxecto do presente convenio é articular a colaboración entre as entidades para establecer un punto de encontro que contribúa á difusión e mellora dos programas sociais así como a posta en marcha doutros que poidan acordarse entre as partes”

Entrando en detalle, o xerente da ABE, Tomás Estévez, debullou algunha das liñas de traballo que se van a desenvolver, como “compartir información, orientación e asesoramento” ou “establecer canles de coordinación entre os asociados/usuarios de ambas entidades”. Tamén se fomentará a realización de prácticas de carácter laboral nas empresas asociadas, dixo.

Pola sua banda a presidenta, Rosa Abuín, amosou a sua satisfacción pola sinatura deste acordo que servirá, entre outras cousas para “captar e fomentar o acceso de potenciais usuarios aos servizos de Cruz Vermella Boiro, realizar (de forma conxunta) accións de carácter social no municipio ou fomentar a inclusión laboral dos usuarios da organización humanitaria no tecido empresarial boirense”

Con este acordo a ABE quere consolidar a sua liña de traballo con outras entidades sociais do municipio ao tempo que amplía o catálogo de servizos para os seus asociados e inclúe a posibilidade de que as empresas acollan traballadores en practicas ou contratados que proveñan de colectivos en risco de exclusión e que se poidan beneficiar das axudas e bonificacións que a Xunta ten en vigor para estes colectivos.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.