“Xogar ás agochadas”. Antón Luaces

15 Abril 2022

O Goberno central vai, ao parecer, desfacerse do Instituto Español de Oceanografía (IEO) que, en Galicia, ten dous departamentos esenciais na investigación mariña tanto para Galicia como para España. Tristemente, é un final que ninguén agoiraba cando non hai menos de cen anos, se creou o Oceanográfico coruñés, centro do que saíron -ao igual que pasou co de Vigo- os máis importantes estudos -básicos moitas veces- para que a comunidade galega poidera formular en Bruxelas alegacións ou modificacións a normas e decisións que a Comisión Europea ou, máis amplamante, a Unión Europea, tomaría ás costas da rexión pesqueira máis importante dos hoxe 27 estados membros.

O Goberno español está a xogar un lamentable papel, sen saber a ciencia certa que valor dar a ese Instituto que, tendo sede en Madrid, é o estanque do Retiro da capital de España a masa de auga máis importante que ten nas súas proximidades. Auga que, por descontado, nada ten que ver co mar e a pesca.

Podo estar errado, pero sinto un non sei que ao constatar que para o Goberno o obxectivo primordial non é descentralizar -como entende a Xunta- senon desfacerse dun órgano que non ten visibilidade na Moncloa, cuxos funcionarios case que nunca causan problemas ao Executivo. Nesa ”descentralización” o importante, estou convencido, radica no feito de deixar de gastar cartos e que sexan as autonomías  as que “carguen” coa responsabilidade do seu mantemento (malia que o traspaso de competencias terá algún tipo de compensación económica, cousa que sempre que se transfire algo por parte do Goberno central, a comunidade que se responsabiliza dese “algo” recibe unha compensación económica).

Galicia quere ese centro estratéxico no eido da investigación mariña, segundo afirma a Xunta a través da Consellería do Mar; pero non dí nada da compensación a recibir. Para a Xunta, o Goberno está a dar “bandazos” no seu empeño de descentralizar o IEO. Mais nada dí do futuro do Instituto unha vez se produza a súa transferencia, agás que “complementaría aos que xa son competencia do Goberno galego”. A min, particularmente, ese “complementar” sóname ao aclásico “quédate ahí que xa te chamarei”. E mentres tanto, que o IEO morra un pouco cada día. Porque é evidente que a Xunta ten abondo co que ten dependente da Consellería do Mar. Ben craro dí: defende o peso e o prestixio -do IEO- “como o maior aval para que a comunidade puidese ostentar a sede  deste organismo dependente do Estado”.

Aquí, na Comunidade Autónoma de Galicia, as autoridades son coñecedoras de que para evitar que o Goberno traslade o Instituto a outras dúas comunidades autónomas o argumento de que aquí xa hai institucións que desenvolven traballos semellantes aos que realiza o IEO non ten maís valor que o que se lle queira dar. Estes dous centros concentran un importante volume de actividade nas materias que, en Vigo e a Coruña, teñen que ver cos sectores pesqueiro e acuícola “máis importantes de España”. Por este motivo, a Xunta rexeita a división proposta e pon riba da mesa unha alternativa: a cesión do IEO á Comunidade para velar pola súa integridade”. Máis nada, como se no aportara nada máis, cando o Goberno central tampouco determina que futuro agarda ao IEO.

Tampouco fala a Xunta de reforzar o seu traballo, nin de sanear a economía da institución e mellorar a estrutura organizativa da mesma. Simplemente  o Goberno galego “ofrece toda a súa colaboración co obxectivo de recuperar o IEO”.

Experiencia tena abondo. O que non sei se ten é interese. E Madrid, menos aínda. Alí non hai máis peixe que o que levan os camións cada día, a maioría deles procedentes de Galicia.

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.